jueves, 26 de octubre de 2017








😨 CONCURSO MICRORRELATOS DE TERROR!!!!!!😈😈


O equipo de Normalización Lingüística do IES Chan do Monte, con motivo do Día de Mortos ou Día de Defuntos, convoca para este curso un novo concurso de relatos breves de terror e suspense.







"Aprender a pensar coa biblioteca escolar"





"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos.

Unha biblioteca  escolar actualizada no seu modelo, nos seus recursos e equipamentos, nas súas propostas; atendida con profesionalidade e integrada no día a día do centro educativo, supón unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu pensamento crítico, a "aprender a pensar".
Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas. Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos  para desenvolver o pensamento complexo. Aprender a pensar nas clases de filosofía, pero tamén fóra das aulas regladas, onde a vida flúe en todo o seu misterio. A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir. 


miércoles, 25 de octubre de 2017




"La literatura es una representación falaz de la vida que, sin embargo, nos ayuda a entenderla mejor, orientarnos por el laberinto en el que nacimos, transcurrimos y morimos"

(Vargas Llosa, Estocolmo, 7 de diciembre de 2010)



BENVIDOS AO BLOG DA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR 

 IES CHAN DO MONTE - MARÍN



Con data 25 de outubro de 2017 nace o Blog da Biblioteca Escolar do IES Chan do Monte de Marín coa intención de achegar a Biblioteca aos seus usuarios e mantelos informados de todo o que ocorra nas súas instalacións. Queremos que o Blog se converta en punto de encontro entre todos aqueles que gozan co mundo da cultura e que sexa unha ferramenta dinámica, práctica e actualizada.


Comenzamos esta nova andaina da nosa Biblioteca cunha benvida especial para o noso novo alumnado.

O Apadriñamento Lector


O Equipo de Dinamización da Biblioteca vai poñer en marcha o programa de Apadriñamento Lector que consiste en que alumnos voluntarios de 3º ESO e 4º ESO apadriñarán a un alumno de 1º ESO para acompañalos na súa primeira visita á biblioteca do centro.

Os padriños lles amosarán o espazo da biblioteca e lles oferterán información sobre:

O sistema de préstamos da biblioteca
A ubicación do material da biblioteca segundo o seu contido
Auxestións de lectura
Normas de uso dos ordenadores da biblioteca