lunes, 20 de noviembre de 2017

Novidades Literarias para Compartir


Entre as  novidades literarias da nosa Biblioteca recomendamos dous libros moi interesantes para leer e pasar un bo rato. 



El Cuento de la Criada

Margaret Atwood






Amparándose na coartada do terrorismo islámico, uns políticos teócratas fanse co poder e, como primeira medida, suprimen a liberdade de prensa e os dereitos das mulleres. Esta trama, inquietante e escura, que ben podería atoparse en calquera obra actual, pertence en realidade a esta novela escrita por Margaret Atwood a principios do oitenta, na que a afamada autora canadense anticipou con rechamante premonición unha ameaza latente no mundo de hoxe.











La Uruguaya

Pedro Mairal





  Lucas Pereyra, un escritor recentemente entrado na corentena, viaxa de Buenos Aires a Montevideo para recoller un diñeiro que lle mandaron desde o estranxeiro e que non pode recibir no seu país debido ás restricións cambiarias. Casado e cun fillo, non atravesa o seu mellor momento, pero a perspectiva de pasar un día noutro país en compañía dunha moza amiga é suficiente para animarlle un pouco. Unha vez en Uruguai, as cousas non terminan de saír tal como planeábaas, así que a Lucas non quedará máis remedio que afrontar a realidade.
















Todo Canto Fomos

Xosé Monteagudo 


  Unha mestra que loita contra a desigualdade e vos prexuízos sociais nunhas circunstancias difíciles. Un escritor de novelas policiais, residentes en Londres, que descobre unha verdade sorprendente entre vos papeis do legado dá súa nai. Unha moza que persiste nun noivado secreto e prohibido. Un emigrante galego na Arxentina que non esquece a súa orixe mentres anda en procura do éxito económico. Un historiador que, arrastrado pola violencia dúas acontecementos, lembra vos momentos cruciais dá súa vida. Lestes son algúns dous personaxes que compoñen unha trama na que a normalidade é só a aparencia baixo a que se ocultan misterios inquietantes. Todo canto fomos é unha novela que percorre máis dun século de historia galega para devolvernos ou relato dun pasado que segue alentando non presente

jueves, 9 de noviembre de 2017


"Cemiterio Crítico"



Por estas datas, traemos ao noso blog o "Cemiterio Crítico", un proxecto do Departamento de Lingua Castelá e Literatura do noso IES, orientado aos alumnos de 2º de Bacharelato. O obxectivo deste proxecto era estimular a capacidade crítica dos alumnos e facelos pensar; debían inventar un epitafio, denunciando algún problema político, social, ecolóxico... que debésemos erradicar ou desterrar.

A resposta do alumnado foi moi boa e a orixinalidade deste proxecto, ao establecer conexión entre crítica e defuntos, pódese valorar na nosa Biblioteca. 







martes, 7 de noviembre de 2017

O Logotipo do noso club de lectura é....!!!!!!!



                                                              😍😍😍😍😍😍😍




O deseño é froito, como sempre, da creatividade do noso compañeiro  Juan Pastor. Grazas...😘

jueves, 2 de noviembre de 2017


CLUB DE LECTURA 

"LABIRINTOS DE MOGOR"




O xoves 8 de novembro ás 10:50 h, na Biblioteca do IES Chan do Monte presentamos o noso Club de Lectura.






Este curso imos a compartir lecturas,  falar de historias, libros, autores,  intercambiar opinións e experiencias.