jueves, 13 de diciembre de 2018



ENCONTROS LITERARIOS



     A escritora Arantza Portabales compartiu a tarde de onte cos membros do club de lectura “Labirintos de Mogor”. A autora revelación das letras galegas, facendo gala dun gran humor e xenerosa locuacidade, falou da súa fascinante novela Deixe a súa mensaxe despois do sinal, que o grupo acaba de ler. A novela é unha mirada intelixente e conmovedora sobre o amor, a soidade e a comunicación nos tempos do móbil, e suscitou numerosas reflexións e cuestións por parte dos lectores que compartiron coa autora. Arantza falou tamén da súa experiencia vital como escritora e dos seus comezos no xénero do microrrelato, ademais brindou unha primicia adiantando o título do seu seguinte libro, Beleza Vermella, que será unha novela negra.

     Arantza Portabales naceu en San Sebastián 1973, é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Iniciouse como escritora en 2013 a través da microficción. En 2015 publicou o seu primeiro libro de microrrelatos, A Celeste la compré en un rastrillo, así como a súa primeira novela en lingua galega, Sobrevivindo, gañadora do XV Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. Deixe a súa mensaxe despois do sinal publicada inicialmente en galego e traducida ao italiano, ao alemán e ao hebreo é a súa segunda novela. Esta historia coral, perfectamente construída e protagonizadas por mulleres que confésanse a través dun contestador automático, está a ter gran éxito editorial. É, sen dúbida, unha historia fresca e orixinal que non deixa indiferente a ninguén.

     O instituto Chan do Monte conta con tres clubs de lectura de distintas idades creados o curso pasado e teñen como misión fomentar o hábito lector, promovendo ao tempo a literatura en galego como en castelán, e dando a coñecer autores noveis como xa con certo renome.














martes, 11 de diciembre de 2018

Xa se acenderon as luces na biblio do Chan do Monte



🌲




Porque a luz vai vivir no Chan do Monte🌲🌲🌲.


                                                           With the lights, wellcome everybody here!!😂😂😂










Encontros literarios



           O vindeiro mércores 12 de decembro visitaranos a escritora Arantza Portabales, que tantos éxitos está a cultivar co seu libro Deixe a súa mensaxe despois do sinal. A reunión será ás 18 horas na biblioteca . Os membros do club de lectura terán a oportunidade de charlar coa autora e cambiar impresións sobre o libro que acaban de ler e que tantas reflexións suscitou xa na anterior xuntanza do club.




jueves, 29 de noviembre de 2018

 ELAS TAMÉN ESCRIBEN

Presentación do libro de biografías de escritoras galegas realizado polas alumnas de Bacharelato para o Proxecto Donas de Sí










martes, 27 de noviembre de 2018

NOVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA




Un Mar de Plásticos

     Un mar de plásticos expón como o océano se está convertendo nun vertedoiro que afecta gravemente a saúde da fauna e flora mariñas. A historia dun fulmar boreal, unha ave mariña que habita as costas do Atlántico Norte, convértese no fío condutor para explicar as consecuencias do emprego masivo e irresponsable do plástico e a necesidade de limitar drasticamente o seu emprego. Cunha linguaxe sinxela, o libro tamén aborda as solucións técnicas que se propuxeron para afrontar o problema dos residuos plásticos no mar e como pode contribuír cada persoa, no seu día a día, a axudar ao fulmar boreal e ao resto de animais mariños.







Agenda 21


     Un goberno tirano e violento dirixe un país ao que antes chamaban América. Os anciáns, os enfermos e os que ousan desafiarlle desaparecen sen deixar rastro. Os nenos pertencen ao Estado. Contra todo prognóstico, unha moza parella arriscarao todo para dar coa verdade. Pero será quizais demasiado tarde? Emmeline creceu no medio da terrible realidade da República, un lugar que, despois da aplicación globalizada do programa coñecido como Axenda 21, converteuse nun Estado sen presidente, sen congreso, sen tribunal superior de xustiza, onde só existe a autoridade e ninguén lembra a palabra liberdade. Con dezaoito anos e despois de sufrir a separación da súa familia, decidiu descubrir a verdade. Por que os cidadáns están condenados a vivir en espazos diminutos, illados os uns dos outros? Por que raciona a Estar a auga, a comida e a enerxía dunha maneira tan estrita? E sobre todo, por que os bebés non poden xa crecer xunto aos seus pais?







O Libro dos Océanos

     Verteduras de petróleo, sobrepesca, illas de refugallos plásticos… Hai tempo que vos nosos mares deixaron de ser fonte de saúde, alimento e benestar. Nas últimas décadas, a contaminación e ou espolio dous océanos aumentaron de forma notable. Mais cal é ou auténtico estado do meirande ecosistema dá Terra? Malia levarmos vivindo dende sempre do mar e co mar, hoxe en día segue a ser uns dous territorios máis descoñecidos do planeta. Esta falta de coñecemento podería converterse na ruína do océano e, en consecuencia, na ruína do ser humano.

Cun deseño atractivo e informativo, e textos ben documentados, co apoio científico dá German Ocean Foundation, Esther Gonstalla crea neste libro un retrato detallado que nos permite comprender mellor as relacións que existen entre a actividade humana e vos cambios que sofre ou mar, un retrato que, alén de convidar á reflexión, se converte nun recurso para a acción.




RECICLANDO PAPEL  ...


              Os nosos voluntarios da Biblioteca recollendo papel. 

         Sergio, Rubén e Rafa forman o equipo de alumnos voluntarios da Biblioteca que axudan en distintas tarefas. Aquí vémolos en plena faena, coa recollida de papel para reciclar. 

Grazas😍😍😍








jueves, 22 de noviembre de 2018


BENEFICIOS DE LEER





        CURTOS SOBRE SOSTENIBILIDADE 

           Desde a biblioteca e vinculado ao eixo temático que estamos a tratar recomendamos o visionado dos seguintes curtos nas tutorías ao longo do curso:


         El hombre que plantaba árboles (Jean Giono)


         Documental sobre el Cambio Climático

 Una verdad incómoda ( haino na biblioteca)




                        Un saúdo e grazas pola vosa colaboración.

jueves, 15 de noviembre de 2018

CLUB DE LECTURA 3 E 4º DA ESO



      "... HAY ALGO AHÍ FUERA QUE EXISTE DE VERDAD..."
 



 

viernes, 9 de noviembre de 2018

DONAS DE SÍ 
 


               O programa "Donas de si" é un dos proxectos de traballo do Plan Proxecta que a profesora Marta Pollán Guisasola dirixirá durante este curso. Este programa ten como obxectivo principal a visibilización e posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, científico e cultural e se supere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias. Para conseguilo propón realizar unha aproximación de conxunto, que teña en conta a variable de xénero, a figuras relevantes (atendendo especialmente as figuras esquecidas ou ocultas) da nosa historia para construír e divulgar a memoria histórica feminina de Galicia.
         O traballo dos centros neste programa pódese centrar nos seguintes aspectos:
  • coñecemento e divulgación de mulleres relevantes na historia.
  • coñecemento e divulgación de mulleres relevantes na actualidade.
  • coñecemento e divulgación do labor das mulleres do contorno do alumnado.


jueves, 8 de noviembre de 2018

Microrrelatos de Terror

     Microrrelatos de Terror 2018

🎃🎃
                              
    👻👻👻

 Presentamos algúns dos microrrelatos de Terror que os alumnos de 1º e 2º da ESo escribiron este ano. Todos os microrrelatos están recollidos nun libriño deseñado polas súas profesoras.

Para visualizar o libro premer no seguinte enlace:

 https://issuu.com/edu918/docs/microrelatos_de_terror


                                                          👻👻👻





Cemiterio crítico

 Cemiterio Crítico

     O cemiterio crítico centrouse este ano na denuncia da degradación mediambiental.Os epitafios das lápidas puxeron a proba a capacidade crítica dos nosos alumnos. Este estraño cemiterio deu sepultura aos nosos mares, bosques...e mesmo unha inscrición rezaba que alí xacía o planeta Terra. Unha triste necrolóxica reflictía tamén o sinistro agoiro da súa morte.  





lunes, 5 de noviembre de 2018


DONAS DE SÍ     


Temos a lecidia de presentarvos un novo recuncho dento da nosa Biblioteca!
Trátase dun espazo para o programa Donas de si, no que faremos visible a participación e produción escrita das nosas escritoras como pezas fundamentais na configuración, e no desenvolvemento, da sociedade galega contemporánea.
O grupo de 1º de Bacharelato encargarase de darnos a coñecer obras de escritoras galegas a través deste blog, murais e unha selección de literatura que se irá renovando ao longo do curso.
Invitámosvos a coñecer o noso espazo e, sobre todo, as historias que elas nos achegan.
Vinde visitarnos!



jueves, 18 de octubre de 2018

ARRANCA O CLUB DE LECTURA DE ADULTOS


Receita para un bo club de lectura...  

1. Ingredientes

- Un grupiño xeitoso de lectores 


- Un bo libro


-Moito interese

2. A elaboración

 Reunir a un grupo de persoas dispostas a compartir súas lecturas e as emocións que elas espertan.
 Facer reunións de vez en cando para debatir sobre o lirbo e compartir as nosas impresións.
E finalmente, pasar un bo rato...
 

 
 

miércoles, 10 de octubre de 2018

VOLVEN OS CLUBS DE LECTURA

       Este curso imos a retomar unha esta actividade que tan bos froitos deu o curso pasado: O Club de Lectura.

        Dende a nosa Biblioteca queremos  colaborar na formación de lectores competentes que saiban obter da lectura pracer e saber. Co obxectivo de fomentar nos rapaces e rapazas o gusto polos libros e consolidar o seu hábito lector  propoñemos, de novo, os nosos Clubs de lectura.

Comenzamos xa....



 

martes, 9 de octubre de 2018

"Crecemento Infinito nun Planeta Finito"


     Dende a nosa Biblioteca deseñamos, para este curso escolar, un proxecto temático centrado no desenvolvemento sostible. O nosos proxecto abarcará unha temática diversa; a degradación medioambiental, o cambio climático, as enerxías renovables, a biodiversidade, a economía sostible, etc... 

     A nosa idea é que os nosos alumnos e profesores implíquense neste proxecto deseñando actividades e traballos sobre o tema.



lunes, 8 de octubre de 2018


 
        Biblioteca Labirintos de Mogor

                                                                   presenta

                            O noso Club de Lectura


📖📕📚📒📖


       Este curso queremos seguir fomentando a afección pola lectura dentro da nosa comunidade educativa. 

      Así, desde o Blogue da Biblioteca, informámosvos que imos organizar tres interesantes clubs de lectura; un para alumnos de 1º e 2º de ESO outro para alumnos de 3º e 4º de ESO e un terceiro para Bacharelatos , Profesores e Persoal do Centro.










martes, 25 de septiembre de 2018

Ola!!!. Benvidos ao Curso 2018-2019

Ola!!!!. Xa estamos aquí de novo.

     O equipo da Biblioteca do IES Chan do Monte queremos darvos a benvida ao novo curso.

     Esta nova etapa que comenzamos virá chea de moita ilusión e novos proxectos para compartir con toda a Comunidade escolar. 

   O eixe temático deste curso é o desenvolvemento sostible, a degradación medioambiental, o cambio climático...

     



       Xa temos conta en Instagram😊😊😍😍

https://www.instagram.com/labirintosdemogor/?hl=es


VISITÁDENOS!!!!!

lunes, 16 de abril de 2018





ENCONTRO CON DOMINGO VILLAR





         A semana pasada o instituto Chan do Monte de Marín contou coa presenza do escritor de novela negra Domingo Villar, quen achegou a súa obra aos alumnos nun encontro enmarcado no programa de Promoción de las letras do Ministerio de Educación. A actividade ía dirixida ao alumnado de 3º e 4º ESO e 1º e 2º de bacharelato. O escritor galego, autor deOllos de auga” e “A praia dos afogados” dou unha charla, seguida dun coloquio cos estudantes quen xa coñecían algunha destas obras. Domingo falou sobre o oficio de escritor, o que se dedica de cheo, extendendo a a produción á outros xéneros como o conto e o teatro. Tamén nos fixo partícipes dalgunha primicia sobre a súa próxima novela: de novo terá como escenario as nosas rías e nela desaparecerá misteriosamente unha muller profesora da Escola de artes e oficios de Vigo e, por suposto, completará a saga de Leo Caldas.








miércoles, 24 de enero de 2018

WE CAN DO IT!

Co gallo do día da muller traballadora convidamos a toda a comunidade educativa a participar deste día facendo unha reinterpretación ou versión creativa do histórico cartel "We can do it".




Os carteis serán expostos na entrada do IES Chan do Monte

A data de entrega será antes do 1 de marzo, en conserxería.

Deberán estar impresos en A 4 como máximo.


We Can Do It!  (Nós Podemos Facelo!) ou sinxelamente Podemos facelo! é un cartel estadounidense de propaganda bélica, creado en 1943 por J. Howard Miller para a empresa Westinghouse Electric como unha imaxe inspiradora para erguer a moral dos traballadores durante a Segunda Mundial. Crese que o autor se inspirou nunha imaxe en branco e negro de Geraldine Hoff, unha traballadora dunha fábrica de Michigan que aparecera nunha nova de axencias.

O cartel tivo unha repercusión moi limitada durante a Segunda Guerra Mundial pero foi redescuberto durante os anos 80 e amplamente reproducido en gran cantidade de formatos. Dende este intre chamóuselle "We Can Do It!" ou "Rosie the Riveter", por analoxía con estoutra figura icónica da guerra.

o cartel empregouse en campañas a prol do feminismo e doutras cuestións políticas durante os anos 80. tamén apareceu na portada da revista Smithsonian do 1999, nun selo do servizo de Correos dos Estados Unidos en 1999, empregouse como material electoral nos Estados Unidos de América no 2008 e foi redeseñado para celebrar a toma de posesión da primeira muller ministra de Australia. 
A imaxe é unha das 10 máis solicitadas no Servizo Nacional de Arquivos dos Estados Unidos.


viernes, 19 de enero de 2018




CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

30-01-2018

¡¡¡¡Anímate a participar!!!!
    -Fai unha foto orixinal
    -Acompaña a imaxe con algún lema ou palabra relacionada coa paz e a non-violencia
    -Entrega a montaxe na biblioteca a partir do 22 de xaneiro