miércoles, 24 de enero de 2018

WE CAN DO IT!

Co gallo do día da muller traballadora convidamos a toda a comunidade educativa a participar deste día facendo unha reinterpretación ou versión creativa do histórico cartel "We can do it".




Os carteis serán expostos na entrada do IES Chan do Monte

A data de entrega será antes do 1 de marzo, en conserxería.

Deberán estar impresos en A 4 como máximo.


We Can Do It!  (Nós Podemos Facelo!) ou sinxelamente Podemos facelo! é un cartel estadounidense de propaganda bélica, creado en 1943 por J. Howard Miller para a empresa Westinghouse Electric como unha imaxe inspiradora para erguer a moral dos traballadores durante a Segunda Mundial. Crese que o autor se inspirou nunha imaxe en branco e negro de Geraldine Hoff, unha traballadora dunha fábrica de Michigan que aparecera nunha nova de axencias.

O cartel tivo unha repercusión moi limitada durante a Segunda Guerra Mundial pero foi redescuberto durante os anos 80 e amplamente reproducido en gran cantidade de formatos. Dende este intre chamóuselle "We Can Do It!" ou "Rosie the Riveter", por analoxía con estoutra figura icónica da guerra.

o cartel empregouse en campañas a prol do feminismo e doutras cuestións políticas durante os anos 80. tamén apareceu na portada da revista Smithsonian do 1999, nun selo do servizo de Correos dos Estados Unidos en 1999, empregouse como material electoral nos Estados Unidos de América no 2008 e foi redeseñado para celebrar a toma de posesión da primeira muller ministra de Australia. 
A imaxe é unha das 10 máis solicitadas no Servizo Nacional de Arquivos dos Estados Unidos.


viernes, 19 de enero de 2018




CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

30-01-2018

¡¡¡¡Anímate a participar!!!!
    -Fai unha foto orixinal
    -Acompaña a imaxe con algún lema ou palabra relacionada coa paz e a non-violencia
    -Entrega a montaxe na biblioteca a partir do 22 de xaneiro