jueves, 13 de diciembre de 2018



ENCONTROS LITERARIOS



     A escritora Arantza Portabales compartiu a tarde de onte cos membros do club de lectura “Labirintos de Mogor”. A autora revelación das letras galegas, facendo gala dun gran humor e xenerosa locuacidade, falou da súa fascinante novela Deixe a súa mensaxe despois do sinal, que o grupo acaba de ler. A novela é unha mirada intelixente e conmovedora sobre o amor, a soidade e a comunicación nos tempos do móbil, e suscitou numerosas reflexións e cuestións por parte dos lectores que compartiron coa autora. Arantza falou tamén da súa experiencia vital como escritora e dos seus comezos no xénero do microrrelato, ademais brindou unha primicia adiantando o título do seu seguinte libro, Beleza Vermella, que será unha novela negra.

     Arantza Portabales naceu en San Sebastián 1973, é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Iniciouse como escritora en 2013 a través da microficción. En 2015 publicou o seu primeiro libro de microrrelatos, A Celeste la compré en un rastrillo, así como a súa primeira novela en lingua galega, Sobrevivindo, gañadora do XV Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. Deixe a súa mensaxe despois do sinal publicada inicialmente en galego e traducida ao italiano, ao alemán e ao hebreo é a súa segunda novela. Esta historia coral, perfectamente construída e protagonizadas por mulleres que confésanse a través dun contestador automático, está a ter gran éxito editorial. É, sen dúbida, unha historia fresca e orixinal que non deixa indiferente a ninguén.

     O instituto Chan do Monte conta con tres clubs de lectura de distintas idades creados o curso pasado e teñen como misión fomentar o hábito lector, promovendo ao tempo a literatura en galego como en castelán, e dando a coñecer autores noveis como xa con certo renome.














martes, 11 de diciembre de 2018

Xa se acenderon as luces na biblio do Chan do Monte



🌲




Porque a luz vai vivir no Chan do Monte🌲🌲🌲.


                                                           With the lights, wellcome everybody here!!😂😂😂










Encontros literarios



           O vindeiro mércores 12 de decembro visitaranos a escritora Arantza Portabales, que tantos éxitos está a cultivar co seu libro Deixe a súa mensaxe despois do sinal. A reunión será ás 18 horas na biblioteca . Os membros do club de lectura terán a oportunidade de charlar coa autora e cambiar impresións sobre o libro que acaban de ler e que tantas reflexións suscitou xa na anterior xuntanza do club.