miércoles, 6 de noviembre de 2019

1º CERTAMEN DE BANDA DESEÑADA



BLOG DO PROXECTO DONAS DE SI.

Este curso continuamos co Plan Proxecta e Donas de Si co titulo "Para cando o meu nome?". Como novidade temos o deseño dun Blog para difundir as nosas actividades e traballos.

A nosa dirección é a seguinte: https://almadasdonas.blogspot.com/


miércoles, 23 de octubre de 2019

EFEMÉRIDES E CELEBRACIÓNS DE OUTUBRO

Estade atentos! Cada mes celebraremos o nacemento de mulleres e homes que coa súa obra, sexa artística, científica ou simplemente vital, teñen conformado o noso presente.

Os paneis servirán para coñecelos un pouco, grazas ás imáxenes e ás citas literarias, pero, se queres profundizar, sumérxete nas súas obras, que sacaremos dos fondos da Biblioteca para facilitarte a busca...

Outubro é o mes de Doris Lessing, Premio Nobel de Literatura de 2007, de Agatha Christie, Mario Benedetti, Zadie Smith, Graham Greene, Oscar Wilde, Anne Tyler ou Italo Calvino. Coñecer a súa obra e a de moitos máis que incluir nesta lista agora depende de ti.









Rosa María Villar Villamil
Coordinadora da Biblioteca





martes, 22 de octubre de 2019

1º CERTAME DE POESÍA REVELADA
Blackout Poetry
do
IES Chan do Monte
 
A Biblioteca do IES Chan do Monte, coa fin de incentivar e promocionar a lectura de poesía e a expresión artística a través da creación de poesía revelada, convoca o I Certame de Poesía Revelada ou Blackout Poetry.

BASES

1. Definición e obxeto do concurso

O
I Certame de Poesía Revelada ou Blackout Poetry nace para potenciar a escrita e a lectura de poesía utilizando unha modalidade de creación poética innovadora, que aporta un valor engadido,á combinación de imaxen e texto. Ambos compleméntanse de forma coherente e harmónica. A ilustración ten que ter un peso específico igual o do texto.

2. Requisitos dos participantes

Podrán optar ao premio alumnos matriculados no centro de calquer
a nivel.

3. Criterios obxectivos para outorgar os premios

O premio concederase ao mellor proxecto presentado. O xurado terá presente tanto a calidade artística da ilustración como o poema, a orixinalidade e a adecuación do conxunto.

4. Autoría

A autoría da obra ten que ser demostrable, debe ser orixinal.

5. Requisitos da obra

Os participantes poderán presentar un ou máis proxectos coas seguintes características:
Debe ser presentado en tamaño din-A4
Debe ser o traballo orixinal, non vale unha fotocopia.

    6. Premio

    Establécese un premio único. O gañador recibirá dúas entradas para asistir á representación dunha obra de teatro á súa elección no Auditorio de Cangas ou no teatro A Fundación en Pontevedra.

    7. Xurado
    O xurado estará formado por cinco membros do Equipo de Biblioteca e dous alumnos colaboradores voluntarios d
    esta.

    8. Divulgación
    Farase unha exposición no centro das obras presentadas e noutros lugares públicos da localidade de Marín. A obra premiada será exposta permanentemente na Biblioteca.

    9. Presentación e identificación dos traballos
    As obras que optan ó premio entregaranse na Biblioteca do IES Chan do Monte en sobre cerrado. No anverso do sobre especificarase un pseudónimo do autor. Nun sobre pequeno cerrado dentro do grande constarán o pseudónimo, os datos personais, nome e apelidos, curso, dirección e teléfono.

    O prazo de presentación de orixina
    is finaliza o 28 de 0utubro de 2019. A decisión do xurado farase pública o 29 de 2019 e farase a entrega do premio e a presentación da obra ganadora.

    Os orixinais non seleccionados devolveranse os autores que o soliciten despois de seren expostos na biblioteca do centro.
    A participación nesta convocatoria implica a aceptación íntegra das bases. Calquera eventualidade non prevista nestas bases será resolta polo xurado.

Rosa María Villar Villamil
Coordinadora Biblioteca IES Chan do Monte



Obradoiro de Poesía Revelada


TALLER DE POESÍA REVELADA






miércoles, 9 de octubre de 2019

Exposicións na Biblioteca


    
     É este un xeito ben artístico de estrear o novo espazo da nosa Biblioteca, o Speaker's Corner. A exposición de debuxos da nosa alumna de 1º de Bacharelato, Kelchie Ecker Pidre González, abre as portas ós demáis membros da comunidade escolar que desexen compartir os seus intereses, aficións ou habilidades. Aprender, compartir e sentir aunado todo nun espazo adicado á cultura, á adquisición de Bens Inmateriais.







lunes, 7 de octubre de 2019

ENTENDENDO A CDU


  


  Iniciamos andadura. Os alumnos que chegan este ano ó centro están a visitar esta semana de comezo de Outubro a Biblioteca, acompañados de tutores ou colaboradores do Equipo de Biblioteca.

     A fin desta visita non é somentes que coñezan o espazo senón que se adentren nos fondos e coñezan a clasificación da CDU. Para que non a esquezan entregaremoslle o marcapáxinas diseñado para que asocien a clasificación a series televisivas coñecidas para eles.






jueves, 3 de octubre de 2019


O noso primeiro taller..

TALLER DE ENCADERNACIÓN XAPONESA
(11 de outubro ás 4 da tarde na nosa Biblioteca)

     A Biblioteca do IES Chan do Monte adoita ser este curso un Laboratorio de Bens Inmateriais no que organizaremos talleres, concursos, charlas e moitas actividades de interese para todos nos.

    Para que teñades onde atesourar as vosas experiencias ao longo do curso imos comezar por ofrecervos o día 11 de Outubro as 16:00 horas un

Taller de Encadernación Xaponesa

Todos os que esteades interesados anotádevos na Biblioteca
antes do 7 de Outubro



lunes, 27 de mayo de 2019

Elas tamén escriben ...




MARÍA DO CEBREIRO


María do Cebreiro Rábade Villar é poeta, ensaísta galega e doutora en Teoría da Literatura. Naceu en Santiago de Compostela o 5 de xullo de 1976; é filla dos escritores Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes e irmá do pianista Abe Rábade.

Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e lincenciouse en Filoloxía Hispánica no 1998. Neste momento, é doutora en Teoría da Literatura, investigadora e mestra na Facultade de Filoloxía de Santiago.

O seu primeiro libro de poemas, O estadio do espello, publicouse no mesmo ano da súa licenciatura, seguírono: Nós, as inadaptadas (2002), Non queres que o poema te coñeza (2004), O barrio das chinesas (2005), Os hemisferios publicado (Galaxia, 2006), Cuarto de outono e Non son de aquí (traducido ao inglés, I Am Not from Here) no 2008; Poemas históricos (2010), O grupo (2011), A guerra (escrito xunto con Daniel Salgado), A ferida ( escrito con Isamel Ramos no 2013), Os inocentes (2014) e o seu último libro, Soños. Arquivos. Cartas, no 2018.

Foi coordinadora das escolmas A poesía é o gran milagre do mundo no 2001, mostra da poesía galega contemporánea traducida ao inglés. No 2002, tamén coordinou Damas negras, antoloxía e tradución de letras de cancións cantadas por mulleres ao galego. En 2016 recibiu o Premio da Crítica de poesía galega á mellor obra poética por O deserto.





                                                                             Clara Rey. 1º Bacharelato


martes, 21 de mayo de 2019

lunes, 6 de mayo de 2019

Química na biblioteca



Este curso a ciencia está presente na biblio. Non só temos química cos libros, senón química “de verdade”.

Ana, Desireé e Ainara mostráronnos como facer cristais de sal.




jueves, 25 de abril de 2019

Kahoot Escritoras Galegas

Kahoot Escritoras Galegas

 

           
         Nova aportación do noso alumno de 1º de Bacharelato Ángel Barral ao noso Proxecto "Elas tamén escriben".

https://create.kahoot.it/share/algunhas-galegas-famosas/08333274-3eea-4847-8e82-0b3271258949

sábado, 13 de abril de 2019

Encontro cos maiores


Encontro cos maiores

Onte na biblioteca tivo lugar un encontro con persoas da terceira idade. Esta reunión pretendeu achegar aos mozos nosa historia máis próxima a través dos relatos de Marina, José e Manuel que lles falaron sobre consumo, lecer, transporte...no pasado, describíndolles unha forma de vida moi distinta á actual e seguramente máis sustentable. A reunión resultou moi enriquecedora.
Este encontro enmárcase dentro dos programas que se están levando a cabo este curso sobre desenvolvemento sustentable ( SOStibilidade e Fai ECO do lóxico).

martes, 9 de abril de 2019

Visita ao mercado. Fomento do consumo local e sostible.


Dentro dos proxectos de SOStibilidade e Fai ECO do lóxico, o noso alumnado fixo unha visita ao mercado local onde os rapaces traballaron en grupo. Realizaron unha serie de tarefas encamiñadas a recoñecer os froitos e verduras de tempada, a pesca de baixura e altura, os produtos das carnicerías, a súa procedencia ...e mesmo simularon unha compra para facer o menú semanal que deseñaran.

Todo este traballo reforzarase na clase na materia de Ciencias Naturais.