lunes, 21 de enero de 2019



Maxia na Biblioteca do IES 









       En realidade foi unha interesante lección de química. Onte conseguimos encher a biblioteca co alumnado máis novo,dispostos participar nun taller de escritura máxica.

     Os mozos contemplaron con curiosidade as transformacións das cores grazas ás reaccións químicas. A nosa profesora  Nuria cunha amena charla ensinounos non só química e cultura xeral, senón que a maxia está en nós mesmos.   




lunes, 14 de enero de 2019

"O QUE O MAR NON QUERE"



       En decembro os nosos/as alumnos/as de 2º e 3º ESO visitaron o museo Masó de Bueu. Ademais do percorrido polas salas do museo, a rapazada participaron no taller “ o que o mar non quere”.

    O mar converteuse nun gran vertedoiro de lixo onde se mesturan toda clase de residuos, a maioría plásticos. Neste taller os participantes levaron algúns obxectos atopados atopados na praia para falar sobre os problemas que están a causar no ecosistema e as posibles solucións ao problema do lixo. Finalmente reutilizaronos materiais construíndo un gran monstro mariño.

      Esta actividade encádrase dentro das actividades que se están organizando dentro do proxecto SOS tibilidad da biblioteca e contou coa colaboración do departamento de Xeografía e Historia.