jueves, 21 de febrero de 2019




KAHOOT "ESCRITORAS GALEGAS"


Tres alumnas de 1º Bacharelato crearon un kahoot chamado Escritoras galegas

         Animámoste a facer unha conta para xogar e aprender. Canto sabes?



                                     
Autoras: Carmen García, Carla García, Clara Rey

(https://create.kahoot.it/details/escritoras-galegas/f095b561-597a-4c1b-b470-6aa3e5ae3c5e).

domingo, 17 de febrero de 2019

Mercadillo ecolóxico e internacional

Esta semana tivemos un mercadillo de produtos de tempada e doces caseiros no noso centro organizado polo departamento de francés . Os alumnos de 4º ofreceron estes produtos aos compañeiros e profesores co fin de recaudar diñeiro para a viaxe de fin de curso. O posto de produtos ecolóxicos ofertou kiwis, verduras, limóns, sobremesas...e se emmarca dentro dos programas "Fai eco do lóxico" e SOStibilidade. Tamén participaron os alumnos franceses que están gozando do intercambio.



domingo, 10 de febrero de 2019

Actividade do departamento de francés

Xornada de Consumo Responsable na biblioteca. Nesta ocasión organizado polo departamento de Francés do centro e dentro do programa Erasmus+ de intercambio para alumnos franceses e galegos. Taller e merenda con produtos estacionais e Km0. 

                             

Palabras de amor


Reunión do club de lectura da ESO

O club dos máis pequenos  reuníronse para falar  do libro que están a ler El último trabajo del señor Luna de César Mallorquín. Os alumnos compartiron  coas profesoras as súas impresións sobre a lectura.




miércoles, 6 de febrero de 2019

AXENDA 2030 Chan do Monte


    


     A Axenda 2030 é un proxecto da ONU que expón 17 obxectivos con 169 metas de carácter integrado e indivisible que abarcan as esferas económica, social e ambiental.

     Ademais de pór fin á pobreza no mundo, os ODS inclúen, entre outros puntos, erradicar a fame e lograr a seguridade alimentaria; garantir unha vida sa e unha educación de calidade; lograr a igualdade de xénero; asegurar o acceso á auga e a enerxía; promover o crecemento económico sostido; adoptar medidas urxentes contra o cambio climático; promover a paz e facilitar o acceso á xustiza.

     No noso centro, con motivo do Día da Non Violencia e a Paz, e encadrado dentro do proxecto de SOStibilidad traballouse un obxectivo en cada agrupo. 

     Aquí están as súas propostas.