jueves, 25 de abril de 2019

Kahoot Escritoras Galegas

Kahoot Escritoras Galegas

 

           
         Nova aportación do noso alumno de 1º de Bacharelato Ángel Barral ao noso Proxecto "Elas tamén escriben".

https://create.kahoot.it/share/algunhas-galegas-famosas/08333274-3eea-4847-8e82-0b3271258949

sábado, 13 de abril de 2019

Encontro cos maiores


Encontro cos maiores

Onte na biblioteca tivo lugar un encontro con persoas da terceira idade. Esta reunión pretendeu achegar aos mozos nosa historia máis próxima a través dos relatos de Marina, José e Manuel que lles falaron sobre consumo, lecer, transporte...no pasado, describíndolles unha forma de vida moi distinta á actual e seguramente máis sustentable. A reunión resultou moi enriquecedora.
Este encontro enmárcase dentro dos programas que se están levando a cabo este curso sobre desenvolvemento sustentable ( SOStibilidade e Fai ECO do lóxico).

martes, 9 de abril de 2019

Visita ao mercado. Fomento do consumo local e sostible.


Dentro dos proxectos de SOStibilidade e Fai ECO do lóxico, o noso alumnado fixo unha visita ao mercado local onde os rapaces traballaron en grupo. Realizaron unha serie de tarefas encamiñadas a recoñecer os froitos e verduras de tempada, a pesca de baixura e altura, os produtos das carnicerías, a súa procedencia ...e mesmo simularon unha compra para facer o menú semanal que deseñaran.

Todo este traballo reforzarase na clase na materia de Ciencias Naturais.














martes, 2 de abril de 2019

ELAS TAMÉN ESCRIBEN

DONAS DE SI

ELAS TAMÉN ESCRIBEN


Ledicia Costas Álvarez



É unha escritora galega (Vigo) nacida o 19 de setembro, no ano 1979. Licenciada en dereito pola universidade de Vigo, empezou a escribir dende moi nova.





A súa primera novela publicada foi Unha estrela no vento (2000) que escribiu sendo adolescente e que actualmente vai pola 17ª edición. A esta novela seguíronlle O corazón de Xúpiter (2012), Recinto Gris (2014) e Escarlatina, a cociñeira defunta (2014).

En 2015 obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e o Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro infantil e xuvenil de 2012, por O corazón de Xúpiter.




Unha estrela no vento é a historia de Miguel Foz, un estudante dun instituto vigués de bacharelato de dezasete anos. Comproba como o seu mundo se derruba dun día para outro; farto do seu pai, da súa profesora de literatura, de toda a xente que o rodea, sente que é diferente a todos.

(Candela Touriño, 1º Bacharelato)