sábado, 13 de abril de 2019

Encontro cos maiores

Onte na biblioteca tivo lugar un encontro con persoas da terceira idade. Esta reunión pretendeu achegar aos mozos nosa historia máis próxima a través dos relatos de Marina, José e Manuel que lles falaron sobre consumo, lecer, transporte...no pasado, describíndolles unha forma de vida moi distinta á actual e seguramente máis sustentable. A reunión resultou moi enriquecedora.
Este encontro enmárcase dentro dos programas que se están levando a cabo este curso sobre desenvolvemento sustentable ( SOStibilidade e Fai ECO do lóxico).

No hay comentarios:

Publicar un comentario