lunes, 27 de mayo de 2019

Elas tamén escriben ...




MARÍA DO CEBREIRO


María do Cebreiro Rábade Villar é poeta, ensaísta galega e doutora en Teoría da Literatura. Naceu en Santiago de Compostela o 5 de xullo de 1976; é filla dos escritores Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes e irmá do pianista Abe Rábade.

Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e lincenciouse en Filoloxía Hispánica no 1998. Neste momento, é doutora en Teoría da Literatura, investigadora e mestra na Facultade de Filoloxía de Santiago.

O seu primeiro libro de poemas, O estadio do espello, publicouse no mesmo ano da súa licenciatura, seguírono: Nós, as inadaptadas (2002), Non queres que o poema te coñeza (2004), O barrio das chinesas (2005), Os hemisferios publicado (Galaxia, 2006), Cuarto de outono e Non son de aquí (traducido ao inglés, I Am Not from Here) no 2008; Poemas históricos (2010), O grupo (2011), A guerra (escrito xunto con Daniel Salgado), A ferida ( escrito con Isamel Ramos no 2013), Os inocentes (2014) e o seu último libro, Soños. Arquivos. Cartas, no 2018.

Foi coordinadora das escolmas A poesía é o gran milagre do mundo no 2001, mostra da poesía galega contemporánea traducida ao inglés. No 2002, tamén coordinou Damas negras, antoloxía e tradución de letras de cancións cantadas por mulleres ao galego. En 2016 recibiu o Premio da Crítica de poesía galega á mellor obra poética por O deserto.





                                                                             Clara Rey. 1º Bacharelato


No hay comentarios:

Publicar un comentario